26 ene 2011

Infantil

Esta xornada disputada no campo de Dubra foi nefasta para os nosos intereses. O partido estivo moi igualado en todo momento por dous equipos que por algo están nos primeiros postos da clasificación, pero que estivo marcado por algún que outro fallo incomprensible que nos supuxo ir a remolque no resultado perante todo o partido. Xa dende o pitido inicial se preumía un partido moi disputado sendo o dominio algo superior pola nosa parte.
Malia ese dominio é o Dubra quen se adianta no marcador para conseguir Rafa o empate por medio de un penalti favorable. Volven a adiantarse eles por dúas veces tras sendos rechaces na nosa área, chegando ó final da primeira parte con 4 a 2 para os locais, sendo o segundo gol anotado por David Macía.
Na segunda parte o dominio noso acentúase conseguindo o terceiro gol outra vez por medio de David, gol que leva ós nosos rapaces a unhas ansias desmedidas polo empate, o cal pudo chegar en varias ocasións que non se materializaron. Xa cando o partido expiraba co noso equipo volcado na percura do ansiado empate, é o Dubra quen por medio de unha contra ben levada, consigue o quinto e definitivo gol.
Quizáis polo partido xogado polos nosos rapaces non se fora merecedor de esta abultada derrota pero, que nos sirva de precedente que dos erros e das derrotas tamén se aprende, e procurar que non se caia nos mesmos en vindeiros partidos.