26 ene 2011

Benxamín

Importante victoria do equipo A na visita do Silleda.
Complicado o encontro o vivido polos nosos rapaces na mañán do sábado con pouco acerto no pase e no control. Foi sen dúbida un dos encontros máis trabados de toda a tempada no que o rival se basaba na intensidade e na forza o cal tampouco axudaba moito.
Pero un Miluco moi inspirado e autor de 2 goles e Alberto, sempre atento a todo, puxeron terra de por medio e deixaron clara a superioridade dos nosos pese o regular partido disputado.

O equipo B caeu derrotado na visita a Touro por 3-2. Un erro defensivo e a falta de definición nos primeiros minutos pesaron moito ó longo do encontro e os rapaces de Iago, a pesar dos goles de Vitor e Pablo, non puido sumar diante dun dos rivais da zona media. Pero seguimos mellorando, amosando cada vez máis cousas e con ganas de ter o balón...como a nós nos gusta.

O equipo C non puido botar unha man o equipo A e caía derrotado polo Sp. Estrada nun encontro marcado pola baixa de Alex na portería. Raúl e Anxo foron os encargados de ocupar o posto de gardamallas nun partido no que o rival non dou opcións e levou os 3 puntos sen discusión.

Este sábado ás 12.00 derbi en San Martiño entre os equipos B e C, separados por 2 puntos na clasificación.
O equipo A ten un nova dura proba na visita ó campo do Camaballón en Cruces o sábado ás 12.45.