12 ene 2011

Infantil.

A undécima xornada deparounos un resultado final que nada ten que ver co partido que os nosos infantiles xogaron no seu desplazamento ó campo do segundo clasificado, o Bastavales.
Partido disputado en un campo que nada axudaba á práctica do fútbol polas intensas choivas caídas perante toda a noite e no transcurso do partido. Os nosos sairon ó campo coa única idea de gañar o partido, circunstancia que non se conseguiu por non acadar o ansiado gol, sobre todo no primeira parte en donde contamos con varias ocasións, que nuns casos non se materializaron e en outros polo moi bo facer do seu porteiro.
A segunda parte baixou a intensidade do mesmo, pero os nosos siguen controlando o partido pero sin crear moitas ocasións de gol. Cando o partido prácticamente expiraba, nunha xogada ben trenzada pola banda dereita, José sirve ó segundo poste en donde Calvelo remacha o gol a placer. Este gol que prácticamente nos supoñía os 3 valiosos puntos en xogo, non foi máis que unha corta ilusión pois na xogada seguinte xa co tempo cumplido, por medio de un disparo lonxano consiguen o inmerecido empate final.

O positivo é que cada partido que pasa o equipo vaise afianzando máis, formando un bloque moi compacto e moi difícil para os equipos contrarios. Vamos a ter esperanza nestes rapaces, pois os resultados de seguro que nos van a acompañar no futuro.
Destacar o debut do novo fichaxe David Mecía, rapaz que nos amosou boas maneiras e que co paso dos partidos nos vai a aportar moito ó colectivo en esta segunda volta que está a piques de comenzar.
E como non, é de agradecer a gran acollida que todo o equipo lle dispensou a David, circunstancia que fai que a súa integración en estas escasas duas semanas sea total xa neste equipo infantil. Con detalles como este, quen sae beneficiado é o equipo e, como non o CALLOBRE C.F. en xeral.