13 ene 2011

Cadete

Merecida derrota do equipo cadete diante da EF Lalín B.
Sen dúbida foi o do domingo o peor partido da tempada dos nosos cadetes que en ningún momento amosaron as gañas e o bo facer co balón cos que nos tiñan acostumados.
Comezou adiantándose o equipo lalinense con merecimento, aproveitando unha das ocasións das que dispuxo e marchando ó descanso con 0-1.
Na segunda metade Fon acadaba o empate pero foi un espexismo posto que os nosos rapaces non tiñan o día e o equipo visitante volvía facer xustiza para acabar levando os 3 puntos.
Hai que saír do bache...