Nova victoria do equipo adestrado por Patxi no úlimo partido da primeira volta.
Moita superioridade dos nosos cadetes na primeira metade na que apenas o Belvís foi quen de facerse coa pelota. Fon, tras unha gran xogada colectiva, e Claudio cun gran remate de cabeza deron vantaxe ós nosos que se puxeron cun 2-0 que recompensaba o traballo feito ata ese momento.
Pero co partido entrando na recta final baixamos un pouco a intensidade o que aproveitou o equipo santiagués para achegarse no marcador. Finalmente os puntos quedaron na casa e voltamos a mirar cara arriba de novo.
Próximo partido o domingo ás 12.00 en San Martiño co Peña Bodegón Arzúa que non nos puido cambiar o partido para o día anterior.