25 ene 2011

Alevín

Tras o empate da semana pasada co Touro por 3-3 (goles de Nacho, David e Migui)nun partido no que podemos decir que se escaparon 2 puntos tras ir gañando 1-3, este domingo chegaba o derbi a San Martiño.
Viña o Sp. Estrada como 3º clasificado e como o único equipo que poderia discutir o liderazgo ós 2 equipos de Lalín, pero as súas opcións escaparon no campo de terra de Callobre.
Espectacular partido dos nosos nenos, colocados en defensa, con moita intensidade, con opcións á contra e cun Rubén á portería inconmensurable...
Collemos vantaxe na primeira metade 2-0 con ambos tantos de Nacho. Intentábao o Sporting pero ahí estaba Rubén para desesperación dos amarelos chegando ó descanso 2-1. Empeza a segunda metade cun penaltie a favor dos visitantes que, como non, Rubén solventa de novo.
Sen embargo o empuxe do Sporting tivo recompensa e conseguía empatar pero co partido rematado de novo Nacho, completando un hattrick, daba os 3 puntos ós nosos con todo merecimento.
Noraboa rapaces.