11 dic 2010

Infantil

Pouca cousa pudo facer o Rois ante o xogo desplegado polos nosos rapaces este sábado pasado no seu propio campo.
Sairon os nosos infantiles moi motivados ó partido, seguros en defensa, dominantes e desbordantes na parcela central e moi móviles na dianteira. Gracias a este conxunto de incidencias os nosos xogadores son os donos totais do partido, materializando o primeiro gol por medio de José. Malia ter o partido bastante ben controlado, os contrarios foron quén de conseguir o empate en un balón por alto, chegando ó final da primeira parte co empate no marcador.
Na segunda parte acentúase aínda máis o dominio pola nosa parte o que nos trae ocasións de gol que unhas veces se erran e outras se materializan, chegando ó final do partido co coñecido 1 a 4 para o Callobre, sendo todos os goles anotados por José.

O que debemos de ter claro é que nos vindeiros partidos que nos toca afrontar si saimos coa mesma motivación e as mesmas ganas que as de este sábado, amosaremos ós rivais o potencial que se nos presupón, polo que non queda máis que arrimar todos o hombro en estos partidos trascendentais que se aveciñan.