Victoria do equipo benxamín A no derbi disputado hoxe en Callobre.
Bo partido o disputado hoxe no campo de San Martiño e no que o equipo A levou os 3 puntos. A primeira ocasión do encontro foi para os nenos de Xoel e Edu que puideron adiantarse nunha internada de Anxo. Sen embargo os rapaces do A pronto lle fixeron co partido e acabaron vencendo nun choque marcado polo bo ambiente entre os rapaces.
O equipo B pola súa banda perdía diante do Silleda A por un resultado de 2-8. Non deron opción os silledenses ós nosos que a pesar de todo puideron haber aumentado o tanteo. Pablo e Vitor fixeron os tantos do equipo de Iago no que Sergi voltou a facer paradas de moito mérito.
Os nosos benxamíns seguen líderes agora con 5 puntos de vantaxe sobre o segundo. A seguir así.