14 dic 2010

Cadete

Nova derrota do equipo cadete que parece abonado ó 3-2 en contra.
Esta vez o rival era o Amio que conseguía adquirir rapidamente vantaxe no marcador poñéndose ata 0-2. Fon, antes do descanso, poñía as cousas máis apretadas para así afrontar a segunda metade con máis ánimo.

Sen embargo unha contra do equipo visitante permitíalle facer o 1-3 poñendo as cousas moi difíciles. A base de empuxo os nosos fixeron o segundo por medio de Miguel pero a pesar de intentalo non foron capaces de culminar a remontada.
Pero seguimos dando unha boa imaxe e os resultados voltarán.