Vendeu cara a súa derrota o equipo B dos benxamíns diante do Cruces, 3º clasificado na liga.
Partido completo do equipo de Iago que fixeron emplearse a fondo ó equipo cruceño que non veu o partido do seu lado ata que o árbitro sinalou o final do encontro. Julián e Rafa foron os autores dos tantos nun encontro no que destacou a seguridade que David aportou á nosa defensa.Esta semana toca recibir a visita da EF Lalín C.
O equipo de Xoel e Edu conseguía os 3 puntos na visita a Figueroa. Gran partido de todo equipo que tivo en Anxo ó puntal arriba pois conseguía 4 dos 5 goles do equipo sendo Iván o autor do outro. Non perigou a victoria aínda que si houbo que apretar ata o final. Gran partido de Alex na portería.
O equipo A pola súa banda vencía a EF Lalín B por un claro 9-1. Bo partido dos nosos que fixeron da primeira parte un monólogo, moita posesión e moitas ocasións cun gran Adrián que sigue movendo o equipo como se dun cadete se tratara. Foron, sen dúbida, 25 minutos moi completos de todo o equipo benxamín que este sábado terá unha dura proba en Lalín diante do equipo A dezán. Unha victoria sería un pasiño máis na loita final polo título.