Esta xornada o equipo infantil desplazouse a Valga para rendir visita ó Cordeiro. Tras o pitido inicial os nosos rapaces fanse co control do partido pero malia dominar non é un xogo fluido, o que non redunda en ocasións de gol. Chegados os vinte minutos adiántanse os locais gracias a un erro defensivo da nosa zaga. Este gol espoleou ós nosos rapaces que volven a tomar as rendas do partido, conseguindo Lexis o gol do empate gracias a un clamoroso erro do porteiro local, para minutos despois conseguir o mesmo xogador o segundo gol, neste caso gracias a unha xogada de equipo, marchando para os vestiarios gañando 1 a 2.
A segunda parte seguimos co mesmo panorama de xogo, entra no campo José para nun período de 10 minutos conseguir este xogador dous goles co que quedaba o partido encarrilado. Sigue o dominio total dos nosos rapaces que por medio de Rafa consíguense outros dous goles máis para deixar o partido finiquitado co 1 a 6 definitivo.
Agora toca traballar arreo esta semana pois o sábado temos a visita do Milladoiro, equipo que hasta esta xornada era o líder indiscutible, polo que todos temos que poñer o máximo para sacar adiante o partido e seguir pasiño a pasiño.
Goles: Lexis (2), José (2) e Rafa (2).