24 nov 2010

Benxamín

Victoria do equipo de segundo ano benxamín diante dos B. Partido sen moita historia na que os rapaces de A aproveitaron a súa superioridade física para levar os 3 puntos. Bo partido de ambos equipos, os maiores con moita posesión e os de segundo ano con varias boas contras que Pablo e Vitor non conseguiron resolver diante de Jonathan
Moito compañerismo e deportividade, iso foi sen dúbida o que máis nos gustou do encontro.
Falamos con vista a un ano pero este equipo máis algún do C e os novos rapaces que se incorporan esta semana darán moitas máis alegrías ó noso clube. Seguro.

O equipo C, pola súa banda, perdía unha boa oportunidade de sumar 3 puntos despois de desperdiciar un 3-1 a favor diante da EF Lalín B. Estaba o partido de cara para os nosos pero unha serie continuada de despistes e o equipo do Deza conseguía remontar marcando 4 goles seguidos en apenas 10 minutos. Querer e non poder despois dos rapaces de Xoel e Edu que están a pasar por un pequeno bache. Ánimo e nada de desanimarse.