2 nov 2010

Infantil.

Terceira victoria consecutiva a conseguida polos nosos infantiles este sábado en San Martiño baixo unha intensa choiva e un terreo de xogo en moi mal estado, que non foi impedimento para que os rapaces de Guille desplegasen un xogo moi vistoso e combinativo que dou lugar a multitude de oportunidades de gol.

Comenza o partido e as ocasións empezan a fallarse unha vez polo bo facer do seu porteiro e outras veces polo desacerto dos nosos rapaces. Transcurrido o minuto 15 chega o primeiro gol do partido materializado por José, para minutos despois poñer este mesmo xogador o segundo no marcador. Seguen as ocasións dos nosos que por tres veces máis se transfoman en gol por medio de Santi, outra vez José e Rafa (éste de penalti) para finalizar a primeira parte cun contundente 5 a 0.
A segunda parte segue o dominio abrumador dos nosos conseguindo outros catro goles máis obra de Lexis, Santi e José en dúas ocasións, cerrando o partido co resultado coñecido de 9 a 0.

A seguir nesta linea de xogo que de seguro nos traerán moitas máis alegrías como a de este sábado.