Victoria do equipo alevín na visita do Sp. Estrada C.
Campo moi embarrado, moita choiva e vento na mañán do sábado en San Martiño na que os nosos rapaces se tiveron que emplear a fondo para vencer ós veciños estradenses.
Primeira metade de completo dominio dos rapaces de Neira que vían como unha e outra vez o porteiro visitante desbarataba as nosas ocasións. Incríble o partido do porteiro do Sporting.
Sen embargo na segunda metade David e Nacho conseguiron acertar unha vez cada un e fixeron xustiza nun partido no que os nosos porteiro Rubén e Rubi apenas pasaron apuros.
Segunda victoria consecutiva e novo derbi para o fin de semana desta vez diante do Sp. Estrada B.