15 oct 2010

Inicio tempada

Este fin de semana arrancan as competicións do resto das categorías nas que o noso clube compite.
O primeiro en poñerse en marcha será o equipo infantil que recibe este sábado o Xuv. Oroso B, ás 11.00 no campo do San Martiño. Conta Guille con 22 rapaces que deberán loitar por facerse cun posto no só no equipo titular senón tamén na convocatoria.

Sábado, 11.00 horas. San Martiño.
Callobre - Xuv. Oroso

Despois chegará o turno dos equipo benxamíns. Tres equipos que reúnen a mais de 30 rapaces e dos que esperamos moitas cousas durante esta tempada, pero sobre todo que o se divirten e que traten de seguir aprendendo.

Sábado, 15.30 horas. San Martiño.
Callobre - Sp. Estrada B
Callobre C- EF Lalín C

Sábado, 15.30 horas. Silleda
Silleda - Callobre B


E o domingo será o equipo cadete de Patxi o que teña que desprazarse ata Santiago para enfrentarse ó Peña Bodegón Arzúa. Deberán os nosos emplearse a fondo para traer algo positivo de Santiago.

Domingo, 11.00 horas. Grixoa
Bodegón Arzúa- Callobre.