29 oct 2010

Infantil

Segunda xornada de liga que supuso a segunda victoria consecutiva do equipo adestrado por Guillermo.

Ó contrario do acontecido na semana pasada, os nosos rapaces saíron ó campo coas ideas moi claras e facendo un xogo combinativo ante o que o Praíña nada podía facer. Xa no primeiro minuto Nico tivo a posibilidade de anotar o primeiro pero o seu tiro estrelouse no longueiro. Xusto despois a única ocasión do equipo local en todo o encontro pero que Adrián se encargou de solventar de forma meritoria.
A partir de ahí, monólogo dos nosos rapaces froito do cal van caíndo os goles: José, en dúas ocasións, e Rafa poñían o 0-3 co que se chegaba ó descanso.
Na segunda metade todo continou igual e así chegaron 2 goles máis, un de José, como non, e outro de Pedro.

Boa imaxe do equipo infantil que pouco a pouco comezan a amosar o potencial que se lles presume. A seguir así.