28 oct 2010

Benxamín

Empate, victoria e derrota foi o balance dos equipos benxamíns na pasada xornada.

O equipo A desplazábase ata Silleda para enfrontarse co equipo A trasdezán. Bo partido e goleada a favor dos nosos benxamíns de 2º ano que puideron traer un resultado moito máis amplo. Gus(2), Alberto, Adrián, M.Anxo e un defensa local foron os goleadores.
Sen embargo quedan cousas por axustar e esperar que algún dos pequenos cracks que temos no equipo acaben de arrancar.

O equipo B pola súa banda empataba a 3-3 co Touro nun encontro con moitas alternativas e na que os rapaces de Iago mereceron algo máis. Destacar o partido de Rafa e David (autor dos 3 tantos) e algunha parada de mérito de Sergi. Pena dos 2 puntos que escaparon.

Por último o equipo C caía derrotado diante do Sp. Estrada que se amosou superior físicamente ós rapaces de Xoel e Edu e non puideron facer fronte á puntería local.
Este sábado primeiro derbi en San Martiño entre os equipos B e C. Sorte ós dous equipos e a pása-lo ben, que é no que consiste.