Acércase ó verán e con el o fin de tempada en competición e o inicio dos campus de verán dos distintos clubes profesionais.E en relación con isto, mañán mércores 12 de maio terá lugar a presentación do campus de verán que a Fundación Celta de Vigo levará a cabo nas instalación do Colexio de Lourdes e onde se explicará o funcionamento do mesmo que terá como data do 5-10 de Xullo.
Animamos ós nosos xogadores a vivir unha boa experiencia, como un profesional que só vive para o fútbol... aínda que nos rapaces isto ocurre case sempre.
Mércores 12 de maio. 17.00 horas nas instalacións deportivas do colexio de Lourdes.