Derrota do equipo xuvenil no partido de ida da Copa do Sar por 2-1 que deixa aberta a eliminatoria que se resolverá este sábado no campo de San Martiño.
Non fixeron os nosos un bo partido pero aínda así tiveron opcións de sobra para traer un resultado mellor pero o Cruces soubo aproveitar as súas bazas e agora toca remontar e intentar que o gol anotado por Jorge resulte determinante.
A nota negativa foi a expulsión de Juan que se perderá a volta para a que recuperamos a Martín e Bibi.
Pola súa banda o equipo cadete quedaba eliminado despois de empatar a 0-0 diante do Tordoia e non conseguir superar a ronda de penalties. Chegaba o Tordoia disposto a amosar o porque do segundo posto na súa liga pero os rapaces de Patxi deron unha boa imaxe e mantivéronse con opciòns durante todo o encontro para levar a eliminatoria pero o gol non chegaba.
Ó final o pase decidiuse dende o punto de penaltie e ahí o equipo coruñés tivo máis sorte. Fin de campaña para o equipo cadete.