13 dic 2009

Benxamín.

Victoria a domicilio dos benxamíns "A" a pesar de non facer o seu mellor partido.
Durante todo o encontro foron os nosos moi superiores ó Silleda e só a falla de acerto nos mans a mans co porteiro local, ata en 6 ocasións conseguiu deter os intentos dos noso, impediu traer un resultado máis amplo.
David e Adrián, con 2 tantos cada un foron os autores dos tantos. O Silleda tivo algunha opción pero ahí estaba Jonathan para demostrar que tamén nos tiñamos moi bo porteiro e só nun erro da defensa co partido case rematado conseguía o equipo local facer o tanto da honra.

Callobre c.f.: Jonathan, Manu, Xandre, Iván, Angel, Anxo, David, Nogui e Adrián.

Pola súa parte o equipo "B" non puido rematar a boa primeira metade e acabou derrotado na viaxe a Cruces.
Empezou o equipo cruceño adiantándose despois dun erro no pase dos nosos rapaces pero Manuel Anxo, cun golazo despois de regatear a 2 rivais, poñía o empate co que se chegaba ó descanso.
Miluco na 2ª metade tivo dúas ocasións para adiantarnos pero non houbo sorte e o Cruces non perdou e anotou 2 tantos máis para así levar os 3 puntos.

Callobre c.f.: Iván, Alex, Paulo, Miluco, Alejandro, Manuel Anxo e Sergio.