Nova victoria do equipo "A" diante do Silleda nun partido suspendido no minuto 5 da segunda metade polo temporal.
Apenas pasaron perigo os nosos rapaces ó longo do encontro no que o Silleda veuse afectado polas baixas. Adrián, ó pouco de comezar, e David, cun golazo de falta fixeron os tantos do noso equipo.
Agradecer dende aquí o detalle do adestrador visitante que veu ó noso vestiario a felicitar a David polo partido que fixera... todo un recital.
Callobre c.f.: Jonathan, Manu, Xandre, David, Angel, Adri, Nogui, Anxo, Iván e Pablo.
O equipo "B" pola súa parte non puido disputar o seu encontro diante do Touro polas continuas choivas.