Victoria benxamín na visita ó Camballon.
Mostráronse os nosos superiores ó equipo local na maior parte do encontro pero a falta de gol impediunos sentenciar con anterioridade. David, Adri e Nogui tiveron as opcións máis claras durante a primeira metade na que o equipo cruceño apenas puxo en perigo a porta de Jonathan.
Co vento a favor o dominio dos nosos intensificouse pero tanto David como Adrián non estiveron acertados nos un a un co seu porteiro.
E ahí apareceu Jonathan, quen cunha soberbia parada ó tiro dunha falta, conseguía manter o resultado de empate para que, a falta de 5 minutos do final, Adrián atinara e puxera o partido de cara para os nosos.
Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Adri, Nogui, Iván e Anxo.
Pola súa parte, o equipo "B" caía derrotado diante do Sporting "A" nun encontro no que os nosos aguantaron ben durante a primeira metade na que unha xogada desgraciada permitía, case chegando ó descanso, ó Sporting poñerse cun 2-0 que facía moi difícil a remontada. Aínda así, Alberto tivo co 0-0 inicial un par de ocasións que ben poderían dar algunha oportunidade ós nosos.
Na 2ª metade, o equipo local amosouse moi superior e non tiveron dificultades para sentenciar o encontro.
Callobre c.f.: Iván, Alex, Paulo, Pedro, José, Miluco, M. Anxo, Alberto, Alejandro e Sergio.