Victoria do equipo benxamín "A" diante do Sp. Estrada por 2-0, ambos de David.
Foron os nosos superiores ó rival na maior parte do encontro e só a falta de acerto diante da portería contraria impediu un mellor resultado. Aínda así, o Sporting saiu forte e durante os primeiros 5 minutos de cada tempo encerrou ós nosos no seu campo.
Adrián, en varias ocasións e con tiro ó longueiro incluido, David, Iván ou Nogui tiveron opción de dá-la puntilla ó equipo contrario, nun partido deslucido polas choivas.
Callobre c.f.: Jonathan, Xandre, Manu, David, Ángel, Adrián, Iván e Nogui.
Non puido o equipo "B" dar a sorpresa diante do lider pero sí fixeron un partido moi completo a pesar das baixas de ata 4 xogadores.
Transcurría o encontro moi igualado co balón nos pés do Lalín pero cos nosos saíndo á contra con moito perigo pero un balón morto na área permitía ós visitantes adiantarse.
Un bote envenenado que Alex non conseguía atrapar supoñía o segundo na reanudación.Finalmente ós nosos fixeron o gol da honra que ben merecido tiñan.
Callobre c.f. "B": Alex, Alejandro, Jose, Pedro, Paulo, Manuel, Sergio e Johny.