Non puido traer os 3 puntos o equipo de maiores do campo de Cruces onde acabou derrotado por 2-1.
Primeira parte mala dos nosos na que o Cruces tivo moitas ocasións, incluido un penaltie parado por Manu, pero sen conseguir rachar coa igualada.Co paso dos minutos o partido foise equilibrando e así, xa na segunda metade, Piraña conseguía poñer por diante ós nosos con un tiro cruzado que supoñía o 0-1. Arís de falta directa estivo a piques de facer o segundo pero cando mellor estaban os rapaces de David chegou o empate do Cruces e case sen tempo para asimilalo o gol da remontada local.
Alineacion: Manu, Emilio, Kike, Tito, Jorge, Arís, Vila, Marcos, Esteban, Eloy, Piraña
Cambios: Aaron, Ivan, Borra, Xoan