12 oct 2009

Infantil.1ª xornadaa.

Boas sensacións as que nos deixou o sábado o equipo infantil de Moncho (dirixido esta semana por Neira) no seu debut ligueiro.

Comezaron o partido os nosos tanteando ó equipo contrario para pouco a pouco pasar a ser os dominadores claros do mesmo. Consecuencia este dominio chegaron os dous primeiros goles da xornada para pouco despois anotar o Oroso recortando distancias. Este gol fixo que os nosos se volcaran con máis ímpetu sobre a porteria contraria para conseguir outros tres goles máis, finalizando a primeira metade con 5 - 1 para nós.

Na segunda parte sigue o dominio dos nosos, e gracias a un bo traballo constructivo no medio do campo, fixo oque disfrutásemos de multitude de ocasións conseguindo anotar outros cinco goles máis, cerrando o partido con un contundente 10 - 1 para os nosos.

Alineación: Rubén, Jacobo, Iván, David, Xián, Rafa, Cristian, Miguel, Hector, José e John.
Tamén xogaron: Adrián, Manu, Estela, Dani, e Iago.

Goles: José (5), Miguel (2), John, Cristian e Iago