10 sept 2009

VOLTA Ó TRABALLO...

Comeza unha nova tempada e toca poñer a andar a nosa páxina que, ó igual que os nosos equipos, leva unhas boas vacacións...
Peo aquí estamos de novo dispostos a contarvos tódalas novidades do noso clube, que son moitas, polo que iremos pouco a pouco.Así que empezamos:

Sen dúbida a noticia máis destacada é a volta do noso equipo de maiores que competirá na 3ª Autonómica da zona para alegría de aqueles que pedían o regreso dun dos equipos con máis tradición do fútbol estradense. Foi unha decisión arriesgada pero agora, un mes despois de arrancar a pretemporada, podemos dicir que máis que acertada pois conseguiuse formar un bo equipo con xente moi xoven que na súa maior parte xa competiran nas categorías do noso clube e que serán dirixidos dende o banquillo por David, estradense e ex- adestrador entre outros de Tabeirós e Vea.
Ademáis tódos aqueles xogadores da categoría xuvenil que por tema de estudios se atopen fóra do pobo pasarán a formar parte do plantel de maiores.
Sen embargo, o feito de que varios equipos se retirasen da competición fixo que o inicio do mesma se retrase ata principios de Outubro, no que o fútbol voltará os domingos pola tarde a San Martiño.