12 jun 2009

XUNTANZA CALLOBRE C.F

Con motivo da finalización da tempada terá lugar este domingo unha comida entre todolos equipos do clube, así como pais, socios, directivos, etc.
Ademáis, como xa ocurrira o ano pasado, haberá xogos e partidos no campo de San Martiño ó longo do día para que disfruten os máis pequenos....e os maiores.
Esperemos que o tempo acompañe e nos permite disfrutar do que, a ben seguro, será un bo día.
Un Saúdo.
Callobre c.f.