25 may 2009

Copa do Sar Xuvenil.

Dolorosa derrota do equipo xuvenil na Copa do Sar diante do Dodro.
Foi o do sábado un partido con continuas alternativas no marcador e no xogo. Empezaron os nosos dominando no partido e no marcador cun gol de Jorge, sen embargo o partido estaba moi igualado e os locais nunha xogada polo banda esquerda conseguían empatar.Esteban de tiro ó longueiro e un mal despexe dunha defensa do Dodro que bateu no pao puideron dar vantaxe ós nosos pero non houbo sorte e descanso con 1-1.
Na segunda metade o Dodro fíxose dono do encontro e no minuto 30 xa tiña 2 goles de vantaxe(3-1) pero de novo o empuxe dos rapaces fixo bo o esforzo e conseguiamos empatar por medio de Jorge e Esteban de penalti.
Chegamos así a prórroga; durante os primeiros quince minutos dominio do Callobre con 2 claras ocasións para Sergi, a primeira que pega no lateral da rede e a segunda que saca o porteiro cando o balón ía cara dentro. Pero ahí acabaron as forzas.Na segunda parte da prórroga apenas creamos perigo e o Dodro encerrabanos a base de faltas colgadas á área, e así no minuto 118 un penalti en contra acababa coas nosas opcións.

Callobre c.f.:Marcos, Suizo, Jorge, Kike, Bibi, Juan, Esteban, Rubén, Yván, Sergi e Martín.
Tamén xogaron: Porti, Miguel, Plástico, Aaron e Adrián.