25 may 2009

Copa do Sar Cadete

Por fin, despois de moito tempo, o equipo cadete foi quen de dar unha alegría a todolos afecionados (6-3).
Chegaba o Tordoia ó campo de San Martiño disposto a levarse esta primeira eliminatoria e durante os primeiros 10 minutos encerraron ós cadetes no noso campo.
Pero a partir de ahí dominio completo do Callobre que incluso, por momentos, chegou a facer un bo xogo combinativo e Toño, Fita e Manu poñían os nosos en clara vantaxe no descanso.
A segunda parte comezou mostrando a superioridade local e os dez minutos outra vez Fita e Kike, de cabeza, poñían un 5-0 co que todo parecía feito.Pero ahí apareceu de novo o equipo cadete da liga...15 minutos de "paxara" que aproveitaron os visitantes para facer 3 goles e levar o nerviosismo ós nosos xogadores que, desta vez, sí aguantaron as embestidas e finalmente, Toño nunha contra facía o definitivo 6-3.
Destacar o encontro de Jorge no seu segundo partido cos nosos.

Callobre c.f.: Manu, Manu P, Diego, Xurxo, Jacobo, David, Javi C, Kike, Toño, Fita e Jorge.
Tamén xogaron: Brais e Iago.