23 mar 2009

Xuvenil. 2ª Autonómica.

Chegou a derrota do equipo xuvenil na segunda volta despois de 9 encontros.
Partido moi disputado o celebrado en San Martiño diante do Recesende, 2º clasificado e que demostrou ter un moi bo equipo cun bo manexo de balón.
A primeira metade foi moi igualada con posesión para eles e intentando saír á contra os nosos pero non houbo goles e chegabase ó descanso co empate inicial.
Un golazo do seu xogador número 10, todo un pesadelo durante o encontro, poñía as cousas dificiles pero Xoan a falta de 10 minutos conseguía a igualada.
Un centro pola esquerda que acabou dentro da nosa portería case co tempo cumplido dou a victoria ó equipo coruñés.

Acabou a racha pero dende aquí felicitar ós rapaces polo que levan facendo dende o mes de Xaneiro.

Callobre c.f.: Marcos, Suizo, Jorge, Kike, Miguel, Yván, Juan, Esteban, Portillo, Martín e Sergi.

Tamén xogaron: Xoan, Fran, Aaron e Plástico.