23 mar 2009

Cadetes. 1ª Autonómica

Contundente derrota do equipo cadete diante do Cordeiro, equipo ó que na primeira volta conseguiramos derrotar.

Foi o de onte un dos peores partidos da tempada, cun rival con moitas máis ganas que os nosos e que no descanso xa vencía por 2-0 que de non ser pola boa tarde de Manu C. na portería seguro sería algún máis.
Toño, á saída dun córner, puxo o 2-1 e cando parecía que os nosos despertaban, foi o arbitro, o que nun penalti en contra que provocou a sorpresa ata dos rivais e coa expulsión de Kike así como outras decisións contrarias ós nosos, o que non dou opción á remontada.

Callobre c.f.: Manu C., Manu P., Adrián, Diego, Jacobo, David, Javi C., Kike, Toño, Fita e Javi T.

Tamén xogaron: Xurxo (que volvía despois de 2 meses), Alex e Brais.