3 mar 2009

Cadetes.1ª Autonómica.

Pouco a pouco esgótanse as oportunidades para o equipo cadete que volveu tirar na segunda metade o traballo feito durante a primeira.

Porque de novo os rapaces de Pacheco volveron a facer fronte ós seus rivais durante a primeira metade con 2 ocasións clarísimas para poñerse por diante no marcador na cabeza de Fita e nos pés de Javi, pero se o balón non entra mal sinal. Descanso con empate sen goles.

Pero un gol ós 30 segundos da reanudación fixo que os nosos se viñeran abaixo e acabasen sucumbindo por un claro 3-0.

A verdade é que esta sendo unha temporada mala...e rara...

Callobre c.f: Manu, Manu P, Jacobo, Adrián, Diego, David, Kike, Toño, Javi C., Fita e Javi T.

Tamén xogaron: Iago e Alex.