5 mar 2009

Alevín. Callobre "A".

Nova derrota dos nosos ante o líder do grupo, equipo que desplega un fútbol de combinación moi malo de contrarrestar. Empezou dominando o partido o Lalín que en dous minutos xa conseguira dous goles. A partir de ahí eles seguiron dominando pero os nosos foron acometendo as embestidas e incluso creando algunha ocasión que non se chegou a materializar pola boa actuación do seu porteiro.
Finaliza a primeira metade con un tres a cero para eles. Na segunda metade o noso equipo salta ó campo con moito ímpetu o que fai que o partido se abra para os dous poniéndose o encontro moi entretido con ocasións para as dúas partes, coa salvedade que eles marcaban e os nosos fallaban, malia que por duas veces José consigue sendos goles. Unha vez máis volver a incidir en que problamente, pola garra que puxeron todos eles e porque nunca se amilanaron ante un equipo tan completo, foran os nosos merecedores de algo máis, pero teremos que seguir loitando que a partir de ahora é cando temos que amosar esos avances que xa se vislumbran nas últimas xornadas.

ALINEACIÓN: ADRIAN, DANI, DAVID, RAFA, XIAN, ESTELA, JOSE, IAGO E MANU