29 ene 2009

Cadetes. 1ª Autonómica

Despois de varias xornadas sen sumar os cadetes arrincaron un punto da súa visita a Melide que non aclara moito o panorama.
Empezaban ben as cousas cun gol de Fita, con adicatoria para Xurxo, ós 10 minutos do encontro pero a partir de ahí, poucos méritos máis fixeron os nosos.
Antes de acaba-la primeira metade o Melide facía o empate e ó pouco de comeza-la reanudación facía o segundo culminando a remontada. Só dende ese momento os rapaces fixeron seu o partido firmando (David) o empate que polo menos impide ó contrario sumar.

Gran partido dos infantiles ( Brais, Cristian e Rubén) que tiveron que desprazarse co equipo cadete ante as numerosas baixas.

Callobre c.f: Manu, Manu P., Alex, Diego, Adrián, David, Kike, Jacobo, Javi C., Fita e Javi T.

Tamén xogaron: Brais, Cris, Rubén e Pablo
.