Partido moi disputado o xogado no campo de Figueroa con dous equipos bastante equiparados, malia o resultado final. Empezou dominando o Sporting os primeiros momentos, acadando dun gran disparo dende fora da área un gol no que o noso porteiro Iago non puido facer nada.
A partires de ahí o partido estivo moi igualado disfrutando os dous equipos de ocasións para conseguir mover o marcador. Xa no último minuto desta primeira metade, unha falta de entendemento fixo que se nos pitase unha cesión a dous metros escasos da portería, o que supuxo o segundo gol para o Sporting, gol que anímicamente pesou moito para os nosos rapaces.
A segunda metade o dominio foi superior por parte dos locais e fruto de ese dominio chegaron dous goles máis para sentenciar definitivamente o partido.
Probablemente os nosos pola súa entrega e por bos momentos de xogo se fixeran merecedores de algo máis. Felicitar a todos os nosos rapaces pola súa entrega e motivación especial perante todo o encontro, no que en ningún momento deixaron de darlle a cara . Tamén é salientable que se perdeu con un equipo moi conxuntado e que por algo está na terceira plaza da clasificación. Dende aquí a nosa noraboa para eles.
ALINEACIÓN: ADRIAN, MANU, DANI, DAVID, RAFA, XIAN, ESTELA, ALVARO, JOSE E IAGO