17 dic 2008

Cadetes. 1ª Autonómica

De novo parece estancado o equipo xuvenil que perdeu neste fin de semana diante do Boiro.
Empezaban ben as cousas para os nosos que os 10 minutos de comeza-lo encontro conseguían adiantarse gracias a un gol de Toño pero, pouco a pouco, o equipo coruñés foise facendo co encontro pese a non gozar de moitas ocasións. Sen embargo, no último minuto da primeira metade, nunha contra despois dun córner a favor dos nosos rapaces, o Boiro empataba cun bonito gol de vaselina.

O gol pesou coma unha losa nos rapaces de Pacheco que durante a segunda metade tiveron que facer fronte as embestidas rivais que acabaríán por traducirse no segundo gol visitante. Repuxéronse os nosos e conseguían empatar por medio de Javi T., pero a falta de 10 minutos, tras unha gran xogada de equipo,o Boiro anotaba o seu terceiro tanto que lle permitía levar os 3 puntos de San Martiño.

Callobre c.f: Manu, Manu P., Adrián, Jaco, Diego, Fita, Kike, Xurxo, David, Toño y Javi T.

Tamén xogaron: Pablo, Javi, Alex e Iago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario