17 dic 2008

Alevin "A". Fútbol 7

Nova victoria do equipo A que continúa coa súa mellora semanal, desta vez diante do Silleda "B".

Partido disputado baixo moi malas condicións meteorolóxicas cunha gran nevada sobre todo na primeira mitade, o que non foi impedimento para que os nosos rapaces xogaran uns primeiros trinta minutos excelentes, reflexando ó final un contundente cero a catro.

Na segunda metade,xa bastante confiados, os rapaces baixaron a garda e rematou o partido cun resultado de 2 a 6 final.

Todo son alabanzas para os nosos nenos que pese, as circunstancias climatolóxicas tan adversas, fixeron un moi meritorio partido e tendo en conta asimismo que non contaban con ningún cambio para facer.


Callobre C.f: Adrián, Dani, Manu, Estela, Xian, Rafa e José.
Goles: José (3), Estela, Rafa e en propia porta
.

No hay comentarios:

Publicar un comentario