5 nov 2008

Infantil. 2ª Autonómica.

Primeira derrota dos todavía líderes. O pasado sábado os rapaces de Dani perdían o seu primeiro encontro de liga diante do Bertamiráns, que polo visto no campo, será un dos claros aspirantes a levarse o título de liga e que venceu en San Martiño de forma xusta.
Adiantáronse os visitantes na primeira metade mostrando que ía ser un rival máis complicado que os que nos tocaran ata o de agora e antes do descanso conseguían o segundo deixando as cousas moi complicadas.
Pero os nosos non se viñeron abaixo e na 2ª metade, pese o terceiro gol visitante, seguiron intentando e conseguiron o gol da honra por medio de Jon.
Sen dúbida, o mellor de todo foi que o equipo non baixou a garda en ningún momento. Felicidades rapaces.

Callobre c.f.: Fabio, Miguel Otero, Rubén, Miguel, Christopher, Jorge, Brais, Yván Barreiro, Fon, Christian, Carlos.

Tamén xogaron: Alex, Jacobo, Jon, Iván Cortizo

No hay comentarios:

Publicar un comentario