Segue a mala racha cadete. Unha horrible primeira parte do equipo de Pacheco fixo que o Bodegón Arzúa se levase, con todo merecimento, os 3 puntos de Callobre.
E non significa esto que o equipo de Santiago sexa que o mellor que o noso, cousa que non creemos, senón que no partido do domingo houbo moitas cousas que non foron como deberían. Saíron os nosos durmidos, como senón fose con eles, e o Bodegón aproveitouno para poñerse con 2 goles de vantaxe sen facer nada salientable.
Melloraron as cousas (algo) na segunda metade e cun gol de Javi T. metiamosnos dentro do encontro pero un erro da nosa defensa permitía ó dianteiro visitante plantarse diante de Manu e facer o 1-3.
Xurxo, incansable durante todo o encontro, facía o 2-3 que traía novas esperanzas pero non houbo tempo e ó final derrota que deixa ós nosos moi tocados na clasificación.
Callobre c.f.: Manu C., Adrián, Diego, Jacobo, Kike, Toño, Manu, Xurxo, Fita, David, Javi T.
Tamén xogaron: Javi C., Ricoy e Alex.
No hay comentarios:
Publicar un comentario