Queremos agradecervos a todos a gran acollida que está tendo esta páxina do clube.
Dende o Venres ata este momento no que estamos a escribir o número de entradas era de 462 polo que a número de visitas ó día está sorprendéndonos gratamente.
Por iso estamos intentando mellorar. Sabemos que algún dos equipos dos rapaces que xogan co noso clube non recibiron a atención que merecen no que á páxina se refire pero que ninguén dubide que esto vaise arranxar e moi pronto.
Non queremos que se pense que porque un dos nosos equipos perda poidan estar desantendidos, ó contrario máis atención se lle presta ós rapaces para que non se desanimen. Para o clube o importante non son os resultados, de nada vale gañar se os nosos rapaces non se comportasen. O único que buscamos é que todos, sen excepción, se divirtan, fagan deporte e amigos e se algún xogador ou equipo destaca, mellor que mellor.
E, por suposto, seguir animándovos a visita-la páxina e a deixar comentarios, pero sempre dentro do respeto que todos merecemos. Só buscamos a vosa participación, os vosos consellos ou suxerencias e as críticas que poidan axudarnos, pero non se admitirán as descalificacións nin as palabras malsoantes (aínda que sexan de apoio ós nosos como xa foi o caso)sendo esta a única razón pola que decidimos moderar tódolos comentarios.
Moitas gracias e un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario