12 oct 2008

Alevíns:Lalín "C" (3) - Callobre "B" (8)

Na primeria parte púxose por diante con un 2-0 o equipo do Lalín e o caso e que os nosos rapaces aínda estaban como dormidos,pero lograron irse o descanso con un empate a dous tantos no marcador e un xogo que foi de menos a máis.
Xa na segunda parte chegóu o recital que foron 8 pero poideron ser cinco ou seis goles máis xa que pola banda dereita entraban como balas tanta Lexi,Alex Gañete,Alex Rivadulla,Santi e o mesmo Martín,que de facer o chamado pase da morte falaríamos de moitos máis goles.
Destacar a boa actuación dos dous Benxamíns (David e Manu),que tiveron que ir cos alevíns por a falta de Alejandro Loureiro e Damián.Tamén salientar o arbitraxe feito por un pai dos xogadores (do Callobre) xa que o colexiado non chegaba para arbitrar (será que non lles pagan).Non influeu no resultado,incluso pitou un penalti a favor do Lalín que supuxo o terceiro gol deles xa na segunda parte.Marcaron polo Callobre;Santi,Pedro,Lexi,Martín (2) e Alex Rivadulla (3)

No hay comentarios:

Publicar un comentario