4 jul 2008

O esforzo ten xusto premio...


O equipo xuvenil que participaba na Compos Cup quedou 2º de grupo na 1ª fase, pasando a xogar a consolación Sub-19.

O sábado 28, logo de unha noite de festa na Estrada, xogou a semifinal en Bertamiráns as 13:00 horas contra o Chantada B. Foi un partido moi disputado, con ocasións para ambos equipos pero con máis acerto para os nosos, vencendo por 2 - 0.
Mentras os nosos xogadores "sudaban a camiseta" a 30º... a outra semifinal non se xogaba por non presentarse o San Marcos. Esto propiciaba que o Milladoiro contemplase desde a sombra da grada o desgaste dos futuros rivais... desexando volver a competir con nós...

Sin moito tempo pra recuperar folgos... as 19:00 horas xogábase a final. Unha final que se presumía desequilibrada po-lo agotamento e as baixas nos xogadores do Callobre, que ademáis sóio dispoñian de un cambio no banquiño... de categoria infantil, pero que dou a talla como os demáis...

Con un partido ben plantexado polo "mister" Benito, e cos xogadores derrochando coraxe e concentración... acadouse a victoria por un xusto 2 - 0, obtendo o trofeo e a revancha da eliminación da Copa do Sar...

O premio ó esforzo, o sacrificio e a ilusión...

NORABOA, CHAVALES...!!!!!!!!!!!!!!

1 comentario: