Comeza o vindeiro día 23 unha nova edición da Compos Cup na que participarán 2 dos nosos equipos: xuvenil e cadete.
Primeiro en fase de grupos cun encontro por día e despois eliminatorias tanto final como de consolación...así que mínimo 5 días seguidos de fútbol para cada un dos nosos.
Os equipos participantes nesta fase final do Torneo son todos eles fortes polo que como cabía esperar o sorteo deparou algunha que outra bomba...
Así polo que respecta á categoría xuvenil estos serán os encontros:
Callobre C.F - Conxo "B"(liga galega): Luns 23 ás 19:30 nas Cancelas.
Callobre C.F - San Marcos (1ª Autonómica): Martes 24 ás 18:00 en San Lázaro.
Callobre C.F - Catoira (1ª Autonómica Pontevedra): Mércores 25 ás 20:40 nas Cancelas.
E co Celta, Depor, Ferrol...esperando na 2ª fase.
Así quedaron os grupos:
Grupo A: COMPOSTELA, MELIDE, OUTES, O PINO
Grupo B: SOBRADO XUV., TORDOIA, CHANTADA, SANTIAGO.
Grupo C: MILLADOIRO, ARZÚA, CHANTADA B, DUBRA
Grupo D: VALIÑO, CRUCEIRO DE HÍO, SAGRADO CORAZÓN.
Grupo E: SAN MARCOS, CALLOBRE, CATOIRA E CONXO B.
Pero é en cadetes onde o sorteo deixou un oso duro de roer...nada máis e nada menos que o campeón galego da categoría: o Clube Deportivo Conxo, campeón no grupo de División de Honor por diante de equipos coma Celta ou Depor. Luns 23 ás 11:10 en Santa Isabel.
En segundo lugar o At. Melide de 1ª Autonómica con quen os nosos veñen de disputar un triangular. Martes 24 ás 11:10 en Bertamiráns.
E por último un vello coñecido: o Compos campión no grupo cadete en dura pugna cos nosos: Mércores 25 ás 11:10 en Santa Isabel.
Grupo A: ARZÚA, NOIA, SANTA COMBA, MILLADOIRO.
Grupo B: CALLOBRE, CONXO, AT. MELIDE, COMPOSTELA.
Grupo C: CALO, BELVÍS, XUV. OROSO, CONXO B.
Grupo D: RECESENDE, EF HERNANI G., VILLESTRO, DUBRA.
Grupo E: ABANQUEIRO, TORDOIA, LA SALLE, SAN PEDRO.
Grupo F: BOIRO, ESCLAVITUD, CALASANZ, CATOIRA.
Grupo G: ORTOÑO, SANTIAGO, S. PEDRO FC-X.V
Sen dúbida grupos moi complicados pero que non deben impedir disfrutar dun torneo, hai que dicilo, moi interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario