29 may 2008

Non puido ser

Acabou a tempada para o equipo cadete e finalmente non puido ser. A derrota sufrida (1-0) o pasado domingo diante do Abanqueiro deixa os nosos na segunda praza da liguilla de ascenso que non da dereito ó ascenso...por agora. Toca esperar ós resultados da fase de ascenso á Liga Galega e a partir de ahí os arrastres hacia arriba. E despois que sexa a Federación quen decida.

Non comezaron ben as cousas para o Callobre que, ó igual que no partido fronte ó Flavia, non puido contar con Chispa por lesión, sen dúbida un dos xogadores claves do equipo.

Non resoltou o encontro moi vistoso e só un gol a balón parado ós 20 minutos de partido fixo que o equipo local se adiantara a pesar de que no resto de partido apenas se achegaron á portería defendida por Marcos. Sen embargo tampouco os nosos rapaces tiveron un día moi inspìrado e pese a intentalo sobre toda na segunda metade non foron capaces de remontar o resultado. O campo e, sobre todo, os balóns tampouco axudaban...pero cada un utiliza as súas armas.



Así que dende aquí felicitar ó Abanqueiro polo primeiro posto no grupo e polo seu comportamento connosco en todo momento e ós nosos pola tempada realizada, impresionantes durante a maior parte do campeonato ligueiro no que, creemos que é bo recordalo, mereceron, como mínimo, quedar segundos...como así sucedera. Agora só queda esperar e que se cumpla a previsión do equipo de Boiro: "o ano que vén vémonos en 1ª,seguro..."

Mentras os rapaces adestrados por Pacheco seguirán adestrando para preparar a Compos Cup.

No hay comentarios:

Publicar un comentario