24 may 2008

Callobre Cadete

Despois de case 10 meses de entrenamentos e de máis de 40 partidos entre oficiais e amistosos chega o partido definitivo para o noso equipo cadete.

Mañán as 11:00 no campo do Abanqueiro os rapaces que adestra Pacheco terán a súa última oportunidade de lograr o ascenso de categoría. Tras a victoria da semana pasada diante do Flavia no campo de Berres por 5-2, só un triunfo daría a posibilidade do ascenso.

Pero aínda que así non fose xa está preparado un domingo repleto de actividades pola boa tempada feita. Primeiro partido, despois esperamos que haxa celebración , comida de camiño e por último a descargar adrenalina no PAINTBALL... seguro que máis dun só apuntará ó míster... Dende aquí agradecer ó patrocinador do equipo GESTOSO RENAULT tódolos esforzos feitos.

Así que xa sabedes: primeiro a gañar e logo a disfrutar. Moita sorte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario