Arrancou a competición para o equipo xuvenil cun empate sin goles diante do San Mamed.
Encontro igualado e disputado cunha parte de dominio para cada un, a primeira para os nosos e a segunda para eles, pero no que non houbo grandes ocasións.
A destacar sobre todo a aportación dos novas caras do equipo Kike e Esteban así como dos cadetes Diego e Yván.
Resultado final: San Mamed 0- Callobre 0
Callobre C.F.: Diego; Suizo, Tito, Jorge, Esteban, Kike, Juan, Xoan, Lito, Yván e Iván
Tamén xogaron: Barreiro, Jako, Sergi, Gabo, Bieito.