Ó igual que a semana anterior diante do Silleda, os rapaces de Pacheco amosaron boas maneiras co balón pero sen chegar a rematar o partido.
Martín nos primeiros momentos do partido, tras unha gran xogada do equipo, poñía por diante ós nosos que, sen embargo non foron capaces de matar o encontro, a pesar das claras ocasións, ata o final do mesmo cun novo gol de Martín.

Esteban e Pachuli
Resultado final: Callobre C.F. 2 - Xuv. Oroso 0
Callobre C.F.:Marcos; Manu, Víctor, Esteban, Portillo; Chispa, Toño, Fran, Javi F;Javi T. e Martín.
Tamén xogaron: Kike, Pachuli, Fita, Diego e Pablo.