Derrota do equipo C diante do segundo clasificado, a EF Lalín (3-8).
Bo partido dos rapaces de Xoel e Edu que tiveron opcións durante boa parte do encontro pero na que acabou decidindo o bo facer lalinense diante da portería de Alex. Anxo, cun doblete, e Jairo fixeron os tantos dos nosos. Sen dúbida un partido dos que gusta ver o disputado polos 2 equipos.
O equipo de Iago venceu 2-1 o Sp. Estrada B pero non foi, nin moito menos, o mellor partido dos pequenos de 1º ano, moita imprecisión e moito individualismo cando e xustamento o contrario ó que nos teñen acostumados. David e Vitor foron os goleadores.
Por último o equipo A vencía 2-4 en Touro cuns 15 primeiros minutos moi bos dos rapaces que xa deixaron sentenciado o choque(0-4 con goles de Alberto, Xandre, Nico e Miluco). Pero a partir de ahí deixamos de facer as cousas coma sempre, desapareceron as gañas e apareceron as florituras...algo que non nos gusta. Están a facer os rapaces unha tempada espectacular pero non pode haber confianzas e moito menos pensar que gañaremos os partidos sen correr ou sen poñer gañas porque entón todo o feito servirá de pouco. A voltar a ser os mesmos de antes...