9 feb 2011

Infantil

Esta décimoquinta xornada deixounos outra victoria para os nosos rapaces infantiles diante do Praiña con un resultado contundente que deixa de manifesto que os nosos foron superiores.
Xa dende os primeiros compases se veu que o Callobre era o dominador absoluto do encontro, xogando e combinando moi ben todos e cada un dos rapaces que saltaron de inicio. Gracias a ese dominio chegou o primeiro gol moi ben executado de cabeza por Rafa tras un gran centro de Calvelo. Minutos despois chega o segundo obra neste caso de José, despois de outra gran asistencia de Calvelo. Xa cando esta primeira parte expiraba chegou o terceiro para os nosos, gol perfectamente executado por Calvelo.
Na segunda parte salen os nosos rapaces xa máis relaxados sabedores que os deberes xa se atopaban prácticamente feitos. Malia a esa tranquilidade que daba o marcador, consíguense outros dous goles máis por medio de José, para deixar o marcador no 5 a 0 final.