Partido de poder a poder o xogado polos equipos B e C na mañán do sábado.
Comezaron adiantarse no marcador os rapaces de Xoel e Edu cun tanto de Anxo pero os nenos de primeiro ano non se viñeron abaixo e conseguiron remontar. Moita intensidade, moita disputa e gañas de vencer foron as armas dos 2 equipos pero foi finalmente o conxunto de Iago o que acabou levando os 3 puntos.
Anxo, en 2 ocasións, foi o goleador do C mentres que Pablo(2), David e Vitor fixeron os tantos do equipo B. Agora a seguir adestrando como se foramos un só equipo.
O equipo A pola súa banda derrotaba ó 4º clasificado por 1-5. Presumíase un partido complicado polos bos resultados que estaba a colleitar o Cruces contra os rivais de arriba pero xa nos primeiros 15 minutos os nosos mandaban por 0-3 pese a loita dos cruceños que non daban un balón por perdido. A partir de ahí deixámonos ir e o partido resultou un pouco máis aburrido con algún erro de bulto que non podemos cometer.
Alberto(2), Miluco, M.Anxo e Iván (incansable todo o partido subindo e baixando a banda) foron os autores dos goles.
Esta semana o equipo B desplázase ata Lalín para xogar co segundo equipo do Deza mentres que o A e o C xogan o sábado ás 17.30 horas no campo de San Martiño diante do Touro e do Lalín C. Todos a intentar sumar os 3 puntos.
Por certo que este sábado mídense no Cortizo, a EF Lalín A e o Sp. Estrada A nun partido no que se irán decidindo algunhas cousas pola parte de arriba antes do derbi en Figueroa da semana que vén.